• Inicio
  • De donde venimos
  • Presentaciones y Prólogos
  • Entrevistas y otras vanidades
  • El jardín de la neurona

Usted está en: Home / Palabras i emocións no cumio do gaiàs

Palabras i emocións no cumio do gaiàs

Publicado por Dr. Don Manuel Sánchez Salorio el 01/08/2015

Manuel Sánchez Salorio

A fama é o conxunto de errores que se acumulan arredor dun nome. Está en Rilke. E si agora o traio aquí é porque o texto reflicte de xeito case perfecto a situación na que me atopo. A de quen recibe e acepta compracido unha distinción da que non se considera merecente. ¿cómo se pode saír desa especie de contradición? Pois como sempre: recoñecéndoa. No Guzman de Alfarache pode lerse: “a buenas obras pagan buenas palabras cuando el deudor esta necesitado y sin moneda”. Iso quixeran ser agora as miñas verbas: moedas coas que pagar unha débeda. A contraída en primeiro lugar con quen me concedeu a honra e a distinción desta medalla: o Goberno de Galicia. Grazas, pois, ao seu benquerido e respectado Presidente. Pero grazas tamén a tódolos que a fixeron posible. A Helena por tantas horas roubadas e pola súa elegancia en asumilo. E a todas e todos aqueles que compartiron comigo traballo e ilusións no Hospital e na Universidade. E aos que os seguen a compartir no Instituto Galego de Oftalmoloxía. E, por enriba de todo, grazas aos doentes. Porque, ben mirada, a enfermidade é unha fonte de sabedoría. E porque antes que ningunha outra cousa, todos nós somos e queremos seguir sendo médicos.

E agora chega outra cuestión: ¿De onde me ven o agradecemento pola concesión de esta medalla? ¿cales son as súas causas, os seus “mecanismos”? Penso que algo ten que ver con aquilo que no catecismo do padre Astete se chamaba a vaidade e que agora lle dicimos autoestima. E iso é así porque para funcionar no día a día todos precisamos dispoñer de lugares, de fontes, onde “chupar enerxía”. E, para algúns entre os que me conto, unha desas fontes é o recoñecemento que recibimos dos demais. Bioloxicamente nacemos un día e nun lugar. Socioloxicamente nacemos tódolos días na mirada e no afecto dos demais. En nome do meu Ego, hoxe supergratificado con todo este rebumbio da medalla, de verdade, moitas grazas.

Pero penso que o meu agradecemento ven, sobre de todo, doutra fonte menos doada de explicar. Tratase de algo así como unha iluminación. Desde que tiven noticia da concesión desta medalla ando a revisar cara atrás toda a miña vida. E moitos sucesos que aparecían por alí como feitos illados agora están unidos por un fío condutor. Dáme a impresión de que moitas das cousas que fixen estaba a facelas preparando este momento. Este momento en que estou aquí, diante de todos vos, no uso do don e da liberdade da palabra. Recibindo o ouro de Galicia. Vivindo unha emoción que solo podo expresárvola recurrindo a unhas verbas emprestadas:

Galicia en mín, meu Deus, pan que me deron
leite e centéo e sono e lus de aurora!
Longa rúa da mar, fogar da terra,
i esta crus que nos mide de alto a baixo.

Vou rematar. Pero no aire anda voando aínda unha pregunta: e despois da medalla, qué? Que é o que vai pasar? A resposta chega desde ben lonxe. William Shakespeare, King Lear, acto primeiro, escena cuarta. El-Rei Lear pregunta a Kent: en qué ides ocuparvos? E Kent contesta: En non ser menos do que vos parezo. Penso que iso vai ser a miña vida mentres dure. O intento de non ser nunca menos do que hoxe vos teño parecido.

E tamén por ese desafío, de verdade, «moitísimas grazas»

Palabras

Descargar pdf, La Voz de Galicia, «Palabras i emocións no cumio do gaiàs»

Posted in El Zaguán del Sábado Tagged La Voz de Galicia, profesor salorio, zaguán del sábado
← Previous Next →

Buscar

Categorías

  • Bienvenida
  • Breverías
  • El jardín de la neurona
  • El sueño de una noche de verano – Procopio
  • El Zaguán del Sábado
  • Entrevistas y otras vanidades
  • In Memoriam
  • Información Oftalmológica
  • La lección del sábado
  • Newsletters
  • Presentaciones y Prólogos
  • Seminario personal

Tags

Abercrombie & Fitch Alfonso Arias Puente Berlanga Breverías Carlistas catarata Charles Kelman cirugía cristalino Doktor Pseudonimus Don Andrés Fernández El sueño de una noche de verano Eugenio Montero Ríos extracción intracapsular facoemulsificación Hermenegildo Arruga Ignacio Barraquer incisión corneal incisión limbar INGO Instituto Gallego de Oftalmoloxia Javier Solana Kelman Phacoemulsification Procedure KPE La Vanguardia La Voz de Galicia Liberales Manuel Sánchez Salorio Mariano Zurimendi microincisión oculista oftalmología Pilar Miró Procopio profesor salorio Ramón Villares retina Reválida Santiago de Compostela SERGAS Servicio Galego de Saúde Voltaire Voz de Galicia zaguán del sábado Ángel Gabilondo

Comentarios recientes

  • Pedro en Breverías: La noticia y la cuarta pregunta
  • Marisol Pintos en Breverías: imprecisión peligrosa
  • Juan José Fernández Teijeiro en Sobre una vaca, dos cerebros y algunas cosas más
  • Javier del Rey Morató en Necesario pero…. ¿imposible?

Copyright © 2026 Profesor Don Manuel Sánchez Salorio.

  • Inicio
  • De donde venimos
  • Presentaciones y Prólogos
  • Entrevistas y otras vanidades
  • El jardín de la neurona

Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies

Configurar cookies

Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.

Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.

Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.

Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.